O ABP Sport, contento coa súa participación no Campionato Galego de Kick Boxing
Por Redacción
Bo sabor de boca deixou no ABP Sport Barcelos o recente Campionato Galego de Kick Boxing celebrado na localidade coruñesa de Dumbría.
Nunha competición centrada na modalidade de 'light contact' o equipo pontevedrés conseguiu subir ao podio na clasificación de clubs.
O gañador foi o ITF Noia, co ABP en terceiro lugar.
A nivel individual Carmen Presa, Simón Riqueza, Xoán Villanueva, Javier Cortegoso e Jhoan Abadía lograron senllas medallas de ouro, mentres Eugenia Coll e Alfonso Riqueza fixéronse coa medalla de prata.
No Campionato Galego tomaron parte máis de 140 deportistas de 16 clubs de toda a comunidade.