O kick boxing faise notar en Marín
Por Redacción
O ABP Sport promocionará o deporte do kick boxing cunha fin de semana de actividades en Marín.
Durante o sábado 14 de outubro o club pontevedrés levará a cabo un curso de tecnificación no que contará cun dos mellores loitadores de España, Abraham Roqueñi.
Todo un campión do Mundo de kick boxing e de muaythai que compartirá experiencias e consellos no pavillón do Colexio San Narciso, en horario de mañá e tarde.
Pola súa banda durante a mañá do domingo, para completar a fin de semana, levará a cabo do Trofeo Vila de Marín para as modalidades de light contact e no contact, organizado polo propio ABP Sport coa colaboración do Fight Club de Pontevedra.
Na cita competirán máis de 100 deportistas entre as diferentes categorías, con presenza de campións galegos, nacionais e internacionais, segundo sinalou o club organizador.