O ABP Sport destaca no Campionato de España de Kick Boxing
Por Redacción
Non puido defender o título de clubs logrado o pasado ano, pero o papel do ABP Sport no Campionato de España de Kick Boxing foi de igual forma sobresaliente.
O club pontevedrés finalizou segundo por equipos na competición celebrada durante a fin de semana no Multiusos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela.
Alí déronse cita máis de 400 deportistas de 50 clubs, cun importante incremento con respecto á edición de 2016.
O ABP Sport, ademais do segundo posto na clasificación xeral, levou a primeira praza na modalidade de 'kick light' e foi terceiro en 'light contact', todo un reforzo ao traballo de base desenvolvido polo club.