O Froiz volve á competición en Alacante
Por Redacción
Co bo sabor de boca que deixou a pasada fin de semana o triunfo na Volta a Coruña, o Grupo Deportivo Supermercados Froiz volve á competición noutra rolda por etapas.
O conxunto alimenticio afronta con ambición a XXII Vuelta Ciclista a la Provincia de Alicante, unha proba de dúas xornadas na que presentará un equipo compeitivo.
Martín Lestido, vencedor en Coruña, repite na formación pontevedresa xunto a Pedro Merino, Ismael Barba, Ángel de Julián, Antonio Portela, Miguel Gómez e David González, que volve á competición tras superar unha lesión de xeonllo.
A primeira das estapas, prevista para este sábado 27 de maio, contará con 136 quilómetros de percorrido entre Rojales e Ibi e ascensións aos altos de Hondón, Maigmó e Les Revoltes. A segunda xornada pola súa banda, con saída e chegada en Alacante, será de 135 quilómetros e presenza dun porto de 1ª categoría e un de 2ª chamados a ser decisivos na clasificación final.
Relacionadas:
-
Martín Lestido prolonga o seu bo momento cun terceiro posto na Vuelta a Alicante
Por Redacción |
-
Martín Lestido dálle ao Froiz unha nova Volta a Coruña
Por Redacción |
-
Martín Bouzas e Guillermo García, nomes destacados do Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |
-
Un triunfo en Toledo permite ao Froiz aliviar as penas da Copa de España
Por Redacción |