Martín Lestido dálle ao Froiz unha nova Volta a Coruña
Por Redacción
A última das tres xornadas de competición na Volta a Coruña, con saída e chegada en Ortigueira, resultou decisiva cun día redondo para o Grupo Deporrtivo Supermercados Froiz, que se fixo co primeiro posto da clasificación xeral.
Martín Lestido vestiu de amarelo na última xornada ao escaparse xunto a outros dous corredores no inicio da última ascensión.
Kevin Suárez (Gomur) iniciou como líder esta xornada de 136 quilómetros, que presentaba tres portos puntuables. Os intentos de escapada sucedéronse na primeira metade do percorrido, pero o pelotón co Froiz controlando a carreira non permitiu que gozasen de vantaxes importantes. Foi así ata o ataque de Lestido no comezo da ascensión de 1ª categoría á Garita dá Herbeira. Seguíronlle Mario Arranz (Cortizo - Anova) e Tello (Kuota)
Tras coroar en solitario, no descenso contactaron con el Aydar Zakarin (Lokosphinx) e Adrian Trujillo (GSport). Os tres marcharon xuntos cara á meta, avantaxando en algo menos de dous minutos ao grupo.
O vencedor da etapa fua Zakarin, pero Lestido levou a xeral pola suma dos postos obtidos nas dúas primeiras etapas, xa que estaban os tres empatados a tempo.
Para completar a actuación, Martín Lestido gañou tamén a camisola de mellor corredor galego e o seu compañeiro de equipo Leonel Coutinho impúxose na clasificación de metas volantes.
Relacionadas:
-
Pontevedra pon en xogo o Campionato Galego de Ciclismo Elite e Sub-23
Por Redacción |
-
Martín Lestido prolonga o seu bo momento cun terceiro posto na Vuelta a Alicante
Por Redacción |
-
O Froiz volve á competición en Alacante
Por Redacción |
-
Martín Bouzas e Guillermo García, nomes destacados do Campionato Galego Contrarreloxo
Por Redacción |
-
Un triunfo en Toledo permite ao Froiz aliviar as penas da Copa de España
Por Redacción |