Marcón e Pontevedra B empezan o ano gañando
Por Redacción
O Marcón Atlético arrincou 2017 tal e como deixou atrás o pasado ano, gañando. Os pontevedreses impuxéronse en Mos (1-2) e ascenden á segunda praza da clasificación na Primeira Rexional.
Os de Luís Oliveira maduraron o encontro e non se adiantaron ata a segunda metade, con goles de Martín e Berto en seis minutos, do 50 ao 56.
Reaccionaron os locais e recortaron distancias no 74, pero a solidez defensiva do Marcón impediulles a remontada.
Consulta aquí o acta do Mos-Marcón.
Balón de osíxeno para o Pontevedra B, que tamén empezou o ano gañando (1-0) na casa ao San Esteban.
Un gol de Ramón no minuto 61 decidiu o encontro e deixou atrás a mala serie de resultados do filial granate.
Os de Tonete colócanse agora con 16 puntos na décimo sexta praza da táboa clasificatoria.