Un derbi nas alturas da Liga Feminina 2
Por Redacción
Despois dun ano complicado, Arxil e Cortegada están a sobresaír esta tempada no inicio da competición da Liga Feminina 2 de baloncesto.
Ambos os equipos comparten traxectoria e a segunda praza da clasificación, con 5 vitorias e só unha derrota en seis xornadas, o que disparou as súas expectativas. De feito son os únicos que conseguen aguantar o ritmo do líder invicto, o Aros de León.
O acerto nas fichaxes, no caso do Arxil con Minata Keita e Waleska Pérez e nas de Vilagarcía con Andrade, Balic e Belen Mejías, ademais do bo momento que atravesan xogadoras de ambos os equipos como Ana Román nas verdes ou Sara Gómez no Cortegada, impulsaron aos dous conxuntos.
Por ese motivo o derbi provincial do próximo sábado (19:30 horas) no pavillón de Fontecarmoa adquire maior relevancia.
Tras o choque ante o Celta, varias xogadoras do Arxil arrastran problemas físicos, pero Mayte Méndez espera poder contar con todo o plantel para a cita.
No precedente de pretempada, en Copa Galicia, o Cortegada impúxose por 43-57 no que era o primeiro partido de preparación do cloque pontevedrés.
Relacionadas:
-
Duro correctivo do GDKO Ibaizabal a un Arxil irrecoñecible (45-66)
Por Redacción |
-
Aprazado o Cortegada-Arxil polas lesións que arrastra o plantel pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
O Arxil segue imparable e vence con solvencia ao Celta (77-66)
Por Redacción |
-
O Arxil quere trasladar o seu bo momento ás bancadas do CGTD
Por Redacción |
-
O Arxil volve remontar para gañar en Valladolid (55-58)
Por Redacción |