Duro correctivo do GDKO Ibaizabal a un Arxil irrecoñecible (45-66)
Por Redacción
Inesperado tropezo do Arxil. Nin sequera os problemas físicos que seguen sen superar varias das xogadoras de Mayte Méndez xustifican o baixísimo rendemento ofrecido polo equipo no seu partido fronte a GDKO Ibaizabal. O equipo vasco fixo encaixar un severo correctivo ás pontevedresas, que realizaron unha segunda parte horrorosa, ata o punto de anotar unicamente nove puntos nos dous últimos cuartos.
As arxilistas víronse superadas desde o primeiro momento. Coma se saltasen á pista lastradas polas baixas de xogadoras importantes, e o delicado momento doutras, que lles impedía render en condicións, o equipo verde viuse por baixo desde o primeiro momento, encaixando un primeiro parcial (17-25) que xa facía presaxiar o peor.
Lixeira reacción no segundo cuarto (19-14) para marcharse ao descanso cunha desvantaxe de só tres puntos (36-39), pero o desastre chegaría á volta de vestiarios. Ao Arxil non lle saía nada e o equipo vasco escapábase, asinando un terceiro parcial de 6-15, que deixaba o partido practicamente imposible, con boa parte de culpa na pobre porcentaxe nos lanzamentos de tres (1 de 13).
Pero se mal foran as cousas no terceiro cuarto, peor resultou o período final. Unicamente tres puntos lograron as pontevedresas, nunha anotación que moi posiblemente sexa un record negativo do club e da categoría (3-12 no último cuarto), para terminar cedendo por un duro 45-66, que afasta ás de Mayte Méndez dos postos de honra.
Consulta aquí as estatísticas do partido.
Relacionadas:
-
O Arxil cae en León tras aguantar ao líder ata o último cuarto (71-53)
Por Redacción |
-
O Arxil, elixido como representación dos clubs de Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Reto de altura para un Arxil pendente do estado físico de varias xogadoras
Por Redacción |
-
Un Arxil tocado aínda polas baixas recibe un perigoso Ibaizabal
Por Redacción |
-
Aprazado o Cortegada-Arxil polas lesións que arrastra o plantel pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
Un derbi nas alturas da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil segue imparable e vence con solvencia ao Celta (77-66)
Por Redacción |