O Cidade de Pontevedra debuta con vitoria e o Leis consegue un empate a domicilio
Por Redacción
Era o seu debut na Segunda División Feminina de fútbol sala pero apenas se lle notou.
O Cidade de Pontevedra iniciou a tempada cun traballado triunfo ante o Sala Zaragoza (3-1), nun encontro disputado no pavillón da Seca de Poio polas obras no Municipal pontevedrés.
Salvados os nervios iniciais Sandra, Carmen e Tamy lograron os tres goles das locais na súa ilusionante estrea.
O Leis Marcón pola súa banda conseguiu sumar un punto nun desprazamento complicado, na cancha do Ciudad de Alcorcón (0-0).
As xogadoras adestradas por Raúl Jiménez dominaron o xogo durante a primeira metade, aínda que apenas crearon ocasións de gol, e souberon aguantar o arreón local no segundo acto para conseguir polo menos o empate.
Relacionadas:
-
Negativa xornada de liga para o fútbol sala pontevedrés
Por Redacción |
-
O Leis lanza unha campaña de socios con "nome propio"
Por Redacción |
-
Leis Marcón e Cidade de Pontevedra inician a súa andaina na Segunda División Feminina
Por Redacción |
-
Cidade de Pontevedra e Leis, a dar a sorpresa na Segunda División Feminina
Por Redacción |