Cidade de Pontevedra e Leis, a dar a sorpresa na Segunda División Feminina
Por Redacción
Serán veciños, compartirán categoría pero non grupo e rivais, polo que non se cruzarán ao longo da tempada.
Cidade de Pontevedra e Leis traballan xa na preparación dunha nova tempada deportiva, na que ambos os dous competirán na Segunda División Feminina de fúltbol sala.
Farano con todo en grupos diferentes xa que o Cidade de Pontevedra ascendeu grazas a unha invitación da Federación Española, derivada da ampliación dos grupos a 16 equipos cada un, quedando encadrado no primeiro xunto a equipos de Navarra, Cantabria, Aragón, A Rioxa e Logroño.
Pola súa banda o Leis Pontevedra seguirá competindo no Grupo IV, do mesmo xeito que nas últimas tempadas, coa intención de mellorar os rexitros da pasada campaña ante conxuntos madrileños, manchegos, leoneses e galegos.
Ambos os dous coñecen xa o que será o seu calendario de liga, que arrincará o sábado 24 de setembro cun duro enfrontamento fóra da casa para o Leis, ante o AD Alcorcón. Unha semana despois, o 1 de outubro, o primeiro rival como local será o Naturpellet.
En canto ao Cidade de Pontevedra debutarán na Segunda División, no seu segundo ano de vida, na casa ante o Sala Zaragoza, mentres na segunda xornada visitarán a cancha do Ribamontán Al Mar.