O Leis lanza unha campaña de socios con "nome propio"
Por Redacción
Son máis de 35 anos os que leva o Leis Pontevedra percorrendo as canchas de Galicia e España cos seus diferentes equipos, unha traxectoria que queren poñer en valor na súa nova campaña de socios.
"En Galicia, as cousas boas teñen nome propio", reza o lema da campaña, coa que aspiran a superar a cifra dos 200 abonados cos que finalizou a pasada tempada.
O carné permitirá acceder a todos os partidos do equipo absoluto feminino de Segunda División, o masculino de Segunda B e todas as categorías inferiores.
Os prezos en función da categoría son os seguintes:
CATEGORÍA | PRECIO |
Adulto | 30 euros |
Xuvenil | 20 euros |
Veterano | 20 euros |
Peñas | 14 euros |
Familiar | 50 euros |
Protector | 150 euros |
Os afeccionados que o desexen poden solicitar o carné de socio a través da páxina www.leispontevedra.com ou nas oficinas do club no Pavillón Municipal dos Deportes en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.