O Arosa presenta candidatura en Abegondo, Ribadumia e Villalonga caen e Céltiga segue sen perder
Por Redacción
O Arosa desta tempada vai en serio. Así parece indicalo a vitoria conseguida na matinal deste domingo no sempre complicado campo de Abegondo (1-2), fronte a outro dos teóricos favoritos como o Deportivo B. Os de Jorge Otero dominaron o partido e aproveitaron tamén a superioridade numérica da que gozaron durante toda a segunda parte, ao ser expulsado o lateral deportivista Emilio Lucas, por dobre amoestación, xusto antes do descanso.
Os arlequinados adiantáronse no marcador aos 17 minutos, cun gol de Sylla, pero o filial herculino lograría empatar pouco despois, nunha xogada desgraciada, na que Aitor Díaz terminaría marcando en propia meta (minuto 24).
Co partido sen dono claro, chegaría a acción que marcaría o seu desenvolvemento, cando a un minuto do descanso o colexiado mostra a segunda amarela a Emilio Lucas, deixando ao Deportivo B cun xogador menos.
O Arosa non deixaría pasar a oportunidade de conseguir unha vitoria de prestixio, e Aitor Díaz desquitaríase da súa mala sorte no tanto do empate, conseguindo o gol da vitoria arlequinada a falta de 20 minutos para o final.
Consulta aquí o acta do partido Deportivo B-Arosa.
Non se viu un gran partido no Salvador Otero. O Silva foi mellor no primeiro tempo, no que mesmo se lle anulou un gol, pero pecou de falta de puntería para facer dano a un Céltiga lonxe da súa mellor versión.
Na segunda metade o dominio repartiuse, dispoñendo ambos os equipos de ocasións para levar o triunfo, pero sen acerto no remate. Co empate, os da Illa seguen sen coñecer a derrota no seu regreso á terceira división.
Consulta aquí o acta do partido Céltiga-Silva.
Grave tropezo do Ribadumia na Senra. Os de Sierra marcaron pronto, pero deixáronse remontar polo Barco, que aproveitou á perfección a tamén temperá expulsión de Miguel Vázquez, que deixou aos aurinegros en inferioridade numérica durante máis de 70 minutos.
O Ribadumia adiantouse aos dous minutos de xogo, por medio de Adrián Camiño, pero tras a expulsión con vermella directa do central Miguel Vázquez, o Barco pasou a dominar e logrou empatar pouco despois da media hora, cun gol de David Álvarez.
Os locais tentaron aguantar moi pechados na segunda parte, para buscar algunha contra, pero o equipo ourensán terminaría vencendo cun gol no minuto 70, obra de Iván Vales.
Consulta aquí o acta do partido Ribadumia-Barco.
Dous minutos fatídicos condenaron ao Villalonga en Negreira. Os celestes adiantáronse no marcador, pero viron como o Negreira remontaba case nun amén, deixándolles co mel nos beizos.
Íker Hurtado marcaba para o cadro celeste no primeiro tempo, pero Esteban Capelo, de penalti, e Iván García, dous minutos máis tarde (minuto 67), completaban a remontada, facendo que os puntos quedasen no Jesús García Calvo.
Consulta aquí o acta do partido Negreira-Villalonga.
Relacionadas:
-
Derbi para o Ribadumia en Vilalonga, vence o Arosa no desconto e segue firme o Céltiga
Por Redacción |
-
Remontada do Arosa na Illa, golea o Ribadumia e o Villalonga cae en Abegondo
Por Redacción |
-
Segue firme o Céltiga; tamén gaña o Villalonga, mentres Arosa e Ribadumia empatan no derbi
Por Redacción |
-
O Pontevedra segue adiante na Copa Federación ao vencer con autoridade ao Ribadumia (1-3)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Ribadumia e Céltiga "pescan" a domicilio mentres Arosa xoga ben pero non gaña e Villalonga cede en San Pedro
Por Redacción |
-
Cara para o Villalonga, que vence ao Choco (0-1) e cruz para o Ribadumia, superado polo Bergantiños (0-3)
Por Redacción |