O Peixe Galego estréase en Copa Galicia con derrota ante o Basquet Coruña (65-74)
Por Redacción
A Raña viviu con expectación a estrea do Peixe Galego de 'ouro', co seu debut en Copa Galicia ante un rival da súa liga, o Leyma Basquet Coruña.
Os marinenses, aínda en construción, acusaron certa falta de rodaxe no inicio do choque, o que aproveitou un rival que aspira a todo na LEB Ouro tras quedar o pasado ano preto do ascenso á máxima categoría.
Os pupilos de Javi Llorente foron inferiores na primeira metade do partido, e é que despois dun primeiro cuarto de certa igualdade (13-19) o cadro herculino abriu brecha no marcador no segundo parcial, chegando ao descanso cun claro 30-46.
Tras o descanso o Peixe mellorou e deixou detalles para a esperanza, pero non foi suficiente para remontar o choque.
Relacionadas:
-
Cambio de cromos no Peixe Galego, que ficha ao escolta Andrés Miso
Por Redacción |
-
Prometedor triunfo do Peixe Galego en Copa Galicia ante o Breogán
Por Redacción |
-
Boa imaxe do Peixe Galego a pesar de caer derrotado ante o COB Ourense
Por Redacción |
-
Control médico para o plantel do Peixe Galego
Por Redacción |
-
VÍDEO.- "Sentirás diferente. Serás Peixe, Serás de ouro"
Por Redacción |
-
Guinda ao plantel do Peixe Galego coa fichaxe do pívot estadounidense Jason Cain
Por Redacción |
-
Primeiros pasos dunha tempada histórica para o Peixe Galego
Por Diego Espiño |