O Cisne, "orgullosísimo" de recuperar a Andrés Sánchez
Por Diego Espiño
Dobre presentación a deste xoves no Club Cisne Balonmán, coa primeira comparecencia do seu novo adestrador, Jabato, e a volta a casa de Andrés Sánchez.
O central, que por motivos de estudos abandonou o Cisne hai un ano para desprazarse a Ciudad Real e xogar no Alarcos, volve ao equipo para achegar o seu gran de area, aínda que o fai dunha maneira especial.
Unha bolsa Erasmus, que realizará en Eslovenia, teralle apartado das canchas de xogo desde outubro ata finais do mes de xaneiro.
A pesar diso o presidente cineísta, Santi Picallo, mostrouse "orgullosísimo" de poder contar de novo cun xogador "fundamental en el ascenso" e que regresa tras unha "temporada extraordinaria" na que xogou a fase de ascenso á Liga Asobal e foi integrante da Selección Española Universitaria.
Trátase ademais, para o seu novo adestrador, dun xogador "diferente, que ya quería para el Octavio el año pasado" entre outras cousas porque "puede actuar en diferentes posiciones y es intenso atrás", sinalou o técnico.
Coa incorporación de Andrés Sánchez o club pontevedrés céntrase agora no "agujero negro que tenemos en el extremo derecho", ademais de ultimar as últimas renovacións antes de dar por pechado o plantel.
O equipo iniciará a pretempada o luns 1 de agosto, coa intención de xogar entre 5 e 7 partidos amigables, en función de como transcorra a súa participación na Copa Galicia. Entre eses encontros dous serán ante rivais da División de Honra Prata, como Gijón e Nava.
Relacionadas:
-
O Cisne reforza a súa primeira liña coas fichaxes de Xosé Canedo e Pablo Gayoso
Por Redacción |
-
Zamora-Teucro e Cisne-Gijón na primeira xornada da División de Honra Prata
Por Diego Espiño |
-
Xornada de renovacións no Cisne
Por Redacción |
-
A portería do Cisne seguirá defendida por Toño Lafuente e Pablo Galán
Por Redacción |
-
Fichar un extremo, prioridade do Cisne tras a incorporación de Chapela
Por Diego Espiño |
-
David Chapela cambia o Teucro polo Cisne
Por Redacción |