David Chapela cambia o Teucro polo Cisne
Por Redacción
Importante fichaxe para o Club Cisne Balonmano, que se fixo cos servizos do xa ex-teucrista David Chapela.
O central pontevedrés, ao que o Teucro ofreceu a renovación ao termo da tempada, atopábase negociando a súa incorporación ao Bada Huesca da Liga Asobal, polo que decidiu esperar para dar unha resupuesta aos azuis.
Finalmente "non puidemos chegar a un entendemento e tomei a decisión de seguir en Pontevedra", sinalou o xogador con respecto á opción do Huesca, xa que "a oferta non era do todo satisfactoria como para deixar un ano parada a miña carreira universitaria".
Unha vez rotas as negociacións cos aragoneses "e coa porta da SD Teucro pechada como central", xa que os azuis atoparan un recambio nese período de tempo, "presentóuseme a oportunidade de seguir xogando en División de Honra Prata na miña cidade e finalmente é o que decidín", explicou Chapela tras confirmar a fichaxe.
O xogador pontevedrés mostrouse "agradecido" por vestir a camiseta teucrista durante "13 anos nos que vivín momentos mellores e peores pero nos que fun inmensamente feliz", explicou nunha carta dirixida aos medios de comunicación.
Relacionadas:
-
O Cisne, "orgullosísimo" de recuperar a Andrés Sánchez
Por Diego Espiño |
-
A portería do Cisne seguirá defendida por Toño Lafuente e Pablo Galán
Por Redacción |
-
Fichar un extremo, prioridade do Cisne tras a incorporación de Chapela
Por Diego Espiño |
-
Javi Vázquez e Pablo Picallo continuarán un ano máis no Cisne
Por Redacción |
-
Carlos Pombo e Álex Chan seguirán no Cisne a próxima tempada
Por Redacción |