O Arxil asegura a columna vertebral do equipo coa renovación de María Centeno
Por Redacción
O obxectivo do Arxil este verán pasaba por renovar a boa parte do seu plantel, e a contagotas vai cumprindo o obxectivo. Polo momento asegurou xa a continuidade da columna vertebral do equipo tras o acordo de renovación con María Centeno.
A xogadora viguesa foi a última en aceptar a proposta da directiva pontevedresa e cumprirá así a súa cuarta campaña no conxunto verde.
Centeno chegou ao Arxil en 2013 procedente do Celta de Vigo e ano a ano foi gañando peso no equipo.
Con ela son xa cinco as xogadoras confirmadas para a próxima tempada na Liga Feminina 2 xunto a Carla Fernández, María Lago, Ana Román e a venezolana Waleska Pérez, primeira fichaxe do equipo.
En materia de reforzos a directiva arxilista traballa na incorporación dunha pívot que reforce o xogo interior, asumindo o rol que a pasada campaña desempeñou Yanique Gordon.
Relacionadas:
-
Cristina Díaz-Pache seguirá un ano máis no Arxil
Por Redacción |
-
Yanique Gordon non seguirá no Arxil
Por Redacción |
-
Equipos cataláns, leoneses, asturianos e vascos, rivais do Arxil na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Arxil e Peixe Galego cumpren o trámite e inscríbense en LF2 e LEB Ouro
Por Redacción |
-
O Arxil ficha á base venezolana Waleska Pérez
Por Diego Espiño |
-
Carla Fernández, terceira renovación no Arxil
Por Redacción |
-
Nova renovación no Arxil: Ana Román seguirá un ano máis no club
Por Redacción |