Nova renovación no Arxil: Ana Román seguirá un ano máis no club
Por Redacción
O Arxil segue dando forma ao seu equipo para a tempada 2016-2017 e, tras a renovación de María Lago, logrou a continuidade dunha segunda xogadora. Trátase de Ana Román, que seguirá un ano máis no conxunto verde.
Faino despois dunha tempada na que unha lesión privoulle de realizar un gran ano. Ata ese momento estaba a ser unha das pezas básicas do equipo de Mayte Méndez e as estatísticas así o avalaban, ao acumular 229 puntos de valoración nos 18 partidos que xogou.
Neles anotou unha media de dez puntos e seis rebotes por partido, cun 52% de efectividade nos tiros de dous, un 38% nos triplos e un 80% nos tiros libres.
Coa renovación de Ana Román, destacan desde o club, o equipo segue apontoando a columna vertebral desde o xogo interior. Ao mesmo tempo, seguen traballando en novas renovacións e fichaxes que se irán coñecendo nos próximos días.
Ademais, o Arxil destaca que Ana Román xogará, a partir deste luns, o preolímpico de baloncesto coa súa selección, Venezuela, onde terá ao conxunto español como un dos seus grandes rivais polo billete para Río.
Relacionadas:
-
O Arxil asegura a columna vertebral do equipo coa renovación de María Centeno
Por Redacción |
-
O Arxil ficha á base venezolana Waleska Pérez
Por Diego Espiño |
-
Carla Fernández, terceira renovación no Arxil
Por Redacción |
-
María Lago, primeira renovación no Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil quere loitar polo ascenso
Por Redacción |