Carla Fernández, terceira renovación no Arxil
Por Redacción
Con paso lento pero sen pausa segue avanzando o Arxil na planificación da próxima tempada, polo momento centrado nas renovacións.
A directiva verde confirmou a terceira renovación, a de Carla Fernández, unha das pezas clave do equipo nas últimas campañas.
Carla cumprirá así a súa sétima tempada no club pontevedrés, ao que chegou en 2010 procedente de Carmelitas, e únese á pivote Ana Román e a escolta María Lago, primeiras en renovar.
O Arxil continíúa negociando as renovacións de María Centeno, Ana Martín, Cristina Díaz-Pache, Jara Tuda, Fany López, Ana Martín, Aldara Vázquez e Sandra Entenza.
Por outra banda, con respecto ás fichaxes, a directiva verde ten "moi avanzadas as negociacións con varias xogadoras e en breve serán presentadas", segundo sinalou Lino Vázquez.