Medalla para María Calvo e final para Sergio Vallejo e Adrián Sieiro no Europeo de piragüismo
Por Redacción
O piragüismo pontevedrés está a dar a cara no Campionato de Europa Sprint que se está celebrando na localidade rusa de Moscova.
A mellor noticia ata o momento foi a medalla de prata na modalidade de paracanoe para María Calvo, padexeira do Breogán do Grove, que foi segunda en VL3 200 metros, por detrás da rusa Larisa Volik.
Pola súa banda o duo do Club Piragüismo Poio composto por Sergio Vallejo e Adrián Sieiro conseguiu meterse na final de C-2 200 metros do domingo, tras acabar terceiros na súa semifinal. Non tiveron a mesma sorte nos 500 metros, distancia na que rozaron a final sendo cuartos na súa semifinal.
Peor lle foron as cousas a Diego Romero (Breogán do Grove) na final do C-1 1.000 metros, na que concluíu na oitava posición, moi lonxe das medallas nunha proba dominada polo alemán campión olímpico alemán Sebastian Brendel. Con todo o vilagarcián aínda pode desquitarse na final do C-1 5.000 metros.
O piragüismo galego celebrou este sábado ademais outra medalla, a de tudense Roi Rodríguez, que colgou o bronce xunto aos seus compañeiros do K-4 500 metros.
Relacionadas:
-
O Breogán do Grove, terceiro no Nacional de piragüismo en pista
Por Redacción |
-
Diego Romero, Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, lonxe das medallas no peche do Europeo
Por Redacción |
-
Poio, Breogán e Ciudad de Pontevedra, protagonistas na Copa de España de piragüismo
Por Redacción |
-
Diego Romero, bronce na Copa do Mundo de Duisburg
Por Redacción |