Poio, Breogán e Ciudad de Pontevedra, protagonistas na Copa de España de piragüismo
Por Redacción
O piragüismo pontevedrés foi profeta na súa terra como o gran protagonista da Copa de España Sprint de 200 e 500 metros celebrada na pista David Cal Pontillón do Castro, en Verducido.
Ademais do Kayak Tudense, segundo da clasificación xeral, tres clubs da comarca coáronse entre os seis primeiros. Foron o Breogán do Grove (cuarto), Piragüismo Poio Pescamar (quinto) e a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra (sexta), destacando entre os 71 clubs participantes.
No encoro pontevedrés déronse cita durante dous días preto de medio milleiro de padeeiros.
A nivel individual destacaron Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, do Poio, ao lograr un dobrete gañando no C-2 200 e o C-2 500 e clasificándose para o Campionato de Europa Absoluto de Piragüismo que se celebrará dentro dun mes en Moscova.
Sieiro foi o segundo mellor padexeiro no medalleiro da competición, con tres ouros e unha medalla de prata. Pola súa banda Jenifer Casal (Ciudad de Pontevedra) foi a quinta deportista máis destacada nesta clasificación con dúas medallas de ouro no C-2 200 e C-2 500 xunto a Raquel Rodríguez, ademais dunha prata e un bronce, mentres Sergio Vallejo concluíu noveno con tres medallas, dous ouros e unha prata.
En canto ao Breogán, dúas das súas deportistas lograron impoñerse nas súas probas. Foron Elena Casal no K-1 200 e María Calvo en V-1 200.
Consulta aquí os resultados completos da Copa de España de Piragüismo celebrada en Verducido.
Relacionadas:
-
Diego Romero, Adrián Sieiro e Sergio Vallejo, lonxe das medallas no peche do Europeo
Por Redacción |
-
Medalla para María Calvo e final para Sergio Vallejo e Adrián Sieiro no Europeo de piragüismo
Por Redacción |
-
O mellor piragüismo nacional regresa a Verducido
Por Redacción |
-
Diego Romero, bronce na Copa do Mundo de Duisburg
Por Redacción |
-
Breogán e Verducido logran grandes resultados no Campionato de España de Piragüismo Maratón
Por Redacción |
-
Pontevedra renova o seu compromiso co piragüismo
Por Alejandro Espiño |