O Teucro visita A Rioxa convencido de que "intocable sólo es el Barcelona"
Por Diego Espiño
A Liga Asobal entra na súa recta final, con cinco xornadas por diante, e o Teucro non pode desaproveitar ningunha oportunidade para tentar puntuar e escapar da queima do descenso.
Así o entende o plantel azul ante a complicada saída que afrontan este sábado (20:30 horas, Movistar+) á pista do segundo clasificado, o Naturhouse La Rioja.
A pesar de que "son superiores a nosotros sobre el papel", recoñece Quique Domínguez, o equipo pontevedrés viaxa convencido de poder pelexar polos puntos en xogo porque "intocable sólo es el Barcelona", sinalou o técnico teucrista.
O choque da primeira volta, no que puxeron en moitos problemas ao cadro rioxano, serve de exemplo ao plantel, pero tamén un aviso para o Naturhouse, que xa caeu recentemente ante un equipo da zona baixa como o Ángel Ximénez. Con todo ese tropezo "ha hecho que el equipo reacciones y sea más difícil para nosotros".
A pesar diso, e co hándicap de viaxar no mesmo día do partido, os xogadores teucristas móstranse optimistas porque "estamos recuperando el balonmano con el que empezamos la liga", recoñeceu Víctor Rodríguez na previa, unha idea que comparte o seu adestrador, que fala de "frescura y dinamismo en ataque".
Quique Domínguez conta con todo o plantel dispoñible para o choque na Rioxa, un partido que estará arbitrado polo catalán Ballano Dueñas e o galego Rodríguez Rodríguez.