Praga de lesións no Arxil antes de recibir ao líder
Por Redacción
O máis difícil aínda para o Club Baloncesto Arxil, que este sábado (19:30 horas) recibe ao case intratable líder da Liga Feminina 2, o Al-Qázeres, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Medio plantel do cadro verde arrastra problemas físicos, polo que Mayte Méndez esperará ata última horas para confirmar a convocatoria.
Ana Roman, que non participa desde o partido ante León, Carla Fernández ,Cristina Diaz-Pache, María Lago, Ana Martín e Sandra Entenza non están en plenitude de condicións, aínda que tentarán axudar ao seu equipo na complicada cita.
Complicada porque diante terán a un equipo, o estremeño, que só perdeu un partido durante a liga regular e comanda a clasificación cunha renda de dous triunfos sobre o segundo.
O Arxil, que se quedou en terra de ninguén no medio da táboa, con nove vitorias e nove derrotas, márcase agora o obxectivo de finalizar o máis arriba posible a liga regular, tendo en conta que repetir presenza no play-off converteuse nunha quimera.