Al-Qázeres non dá lugar á sorpresa e esmaga ao Arxil (52-75)
Por Redacción
O líder da Liga Feminina 2, o Al-Qázeres, demostrou o por que da súa situación en Pontevedra non dando opción á sorpresa na súa visita ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (52-75).
O Arxil tentou plantar cara ás estremeñas, pero viuse superado desde o inicio e partido.
O Al-Qázeres conseguiu unha renda de oito puntos no primeiro cuarto (14-22) e rompeu o encontro antes do descanso (26-42). Se había algunha esperanza de reacción morreu nun fatal terceiro cuarto, no que as verdes só anotaron tres puntos (29-57). O último período só serviu para que as pontevedresas maquillasen un pouco o resultado.
Esta derrota deixa ao equipo adestrado por Mayte Méndez na oitava praza da clasificación con nove partidos gañados e dez perdidos.
Consulta aquí as estatísticas do encontro.
Relacionadas:
-
Paseo do Arxil que certifica a permanencia ao gañar ao pechacancelas Adba Avilés (76-57)
Por Redacción |
-
Cruz para o Arxil nun final de infarto en Oviedo (82-81)
Por Redacción |
-
Praga de lesións no Arxil antes de recibir ao líder
Por Redacción |
-
O Arxil cae en Canarias e queda en terra de ninguén
Por Redacción |