Támara Echegoyen consegue o ouro mundial en Florida
Por Redacción
Obrigada a cambiar de clase olímpica tras Londres 2012, onde conseguiu o ouro xunto a Ángela Pumariega e Sofía Toro no Elliot 6m Match Race, Támara Echegoyen culminou unha notable progesión conseguindo o ouro mundial no 49erFX a só seis meses de Río 2016.
Formando equipo coa cántabra Berta Betanzos, Echegoyen dá un golpe enriba da mesa para chegar á cita brasileira como unha das embarcacións favoritas por méritos propios.
En Clearwater, Florida, o dúo galego-cántabro protagonizou unha gran remontada e na última xornada, xa cunha importante vantaxe, non fallou na Medal Race cun sétimo posto que lles valía para asegurarse o título.
Segundas, a 13 puntos, foron ás danesas Maike Foght e Anne-Julie Schütt e terceiras a alemás Vitoria Jurczok e Anika Lorenz.
"Foi un gran agasallo ao traballo duro que realizamos nesta campaña, e tras a celebración volveremos ao traballo para seguir crecendo para navegar aínda máis rápido dentro de seis meses en Río", sinalou a regatista pontevedresa tras conseguir o ouro en declaracións recollidas pola Federación Española de Vela.
CARLOS E ANTÓN PAZ, FÓRA DOS XOGOS
Peor lle foron as cousas nas últimas xornadas a Carlos e Antón Paz, no 49er, clase na que din adeus ás súas opcións de clasificación olímpica.
Os vilagarciáns foron finalemente décimo sextos, superados por outra tripulación española como a do cántabro Diego Botín e o galego Iago López, que foron décimos. Esta situación puido cambiar na última xornada, pero Carlos e Antón marcaron uns parciais de 19-20-21 nas tres mangas disputadas e non conseguiron remontar posicións.
Relacionadas:
-
Bronce europeo para Támara Echegoyen
Por Redacción |
-
O Campionato de Europa de 49er, novo reto para Támara Echegoyen
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen estrea en Baleares a súa condición de campioa mundial
Por Redacción |
-
Remontada de medalla de Támara Echegoyen e freada ás aspiracións dos Paz
Por Redacción |
-
Os irmáns Paz toman vantaxe na loita pola clasificación olímpica
Por Redacción |
-
Echegoyen e os irmáns Paz, en postos de cabeza nun complicado arranque de Mundial
Por Redacción |
-
Carlos e Antón Paz apuran en Florida as súas opcións de clasificación olímpica
Por Redacción |