Echegoyen e os irmáns Paz, en postos de cabeza nun complicado arranque de Mundial
Por Redacción
Complicado inicio de competición no Campionato do Mundo de Vela que se está a disputar na localidade estadounidense de Clearwater (Florida), con ventos de ata 18 nós e forte ondada no mar que obrigaron a suspender a maioría das regatas.
Con ese panorama, o comezo foi esperanzador para Támara Echegoyen e Berta Betanzos no 49er FX e para os irmáns Paz no 49er.
Tras poder completar só unha manga en dous días de competición, Echegoyen e Betanzos colocáronse na terceira posición provisional, tras ser segundas no Grupo Azul, empatando provisionalmente coas alemás Leonie Meyer e Elena Stoffers, sendo líderes as danesas Maiken Foght Schütt e Anne-Julie Schütt.
Nunha situación similar atópanse os irmáns Carlos e Antón Paz, ao completar unha manga na primeira xornada pero non poder saír a navegar na segunda.
Os vilagarciáns con todo marchan cuartos na clasificación xeral e, o que é máis positivo, por diante do resto de tripulacións nacionais na súa pelexa por lograr a clasificación para os Xogos Olímpicos. Encabezan a táboa os daneses Jonas Warrer e Anders Thomsen e os neozelandeses Peter Burling e Blair Tuke.
Relacionadas:
-
Támara Echegoyen consegue o ouro mundial en Florida
Por Redacción |
-
Remontada de medalla de Támara Echegoyen e freada ás aspiracións dos Paz
Por Redacción |
-
Os irmáns Paz toman vantaxe na loita pola clasificación olímpica
Por Redacción |
-
Carlos e Antón Paz apuran en Florida as súas opcións de clasificación olímpica
Por Redacción |
-
Segundo posto final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos na Copa de Brasil
Por Redacción |