Derrota na prórroga do Arxil ante o Ensino (80-86) que lle afasta do cuarto posto
Por Redacción
Non puido aproveitar o Arxil o tropezo de Adareva para achegarse ao cuarto posto ao caer derrotado na prórroga polo Ensino Lugo, que á súa vez supera ás de Mayte Méndez na clasificación, deixándoas a tres vitorias da disputa do play-off de ascenso, pero agora con ata catro rivais en mellor situación.
Un gran primeiro cuarto, pero sen continuidade nos tres parciais seguintes, levou ao Arxil a unha prórroga na que non estivo acertado, logrando anotar unicamente catro puntos, nun partido no que as verdes foron incapaces de frear o xogo das lucenses Raquel Asensio (27 puntos, 3 rebotes e 31 de valoración) e Tamara Montero (28 puntos, 8 rebotes, 5 asistencias e 36 de valoración), sumando entre ambas un excelente 67 de valoración.
Primeira metade de dominio local, onde as de Mayte Méndez lograban irse máis aló dos dez puntos de vantaxe, para terminar cun claro 29-18. Con todo as visitantes foron reducindo diferenzas (14-19 e 13-20) para entrar no último cuarto por diante (56-57). O último cuarto non lograba resolver a igualdade e chegábase á prórroga (76-76).
Nese tempo extra o equipo lucense logrou controlar mellor os nervios, tremeulle menos o pulso nos lanzamentos a canastra, e cun parcial no tempo engadido de 4-10, levaron o partido (80-86).
Consulta aquí as estatísticas do partido.