Avanzan na organización do Campionato de España Junior e Escolar de Loitas Olímpicas
Por Redacción
O Concello de Pontevedra foi escenario esta semana dunha reunión que serviu para avanzar na organización dun novo evento deportivo na cidade, dentro da programación anual. O Campionato de España Junior e Escolar de Loitas Olímpicas.
A competición celebrarase na cidade de Lérez os días 1 e 2 de abril, estando prevista a participación de medio milleiro de deportistas e clubs de 18 cidades de todo o Estado.
Á reunión acudiron ademais da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, representantes das federacións galega e española de loitas olímpicas e tamén do Club de Loita Pontevedra.
Os detalles organizativos, do mesmo xeito que as actividades que completarán a programación do campionato quedarán definidos nunha próxima reunión á que os asistentes quedaron emprazados nas próximas semanas.
Relacionadas:
-
O Nacional Junior e Escolar de Loitas Olímpicas reúne en Pontevedra a 400 deportistas
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez apura as súas opcións para chegar a Río 2016
Por Redacción |
-
Lydia Pérez proclámase en Murcia campioa de España sub-23 de loita
Por Redacción |
-
Piragüismo, tríatlon, orientación... grandes eventos deportivos para o 2016
Por Diego Espiño |
-
A selección feminina de loitas olímpicas, de concentración en Pontevedra
Por Redacción |