Lydia Pérez proclámase en Murcia campioa de España sub-23 de loita
Por Redacción
A pontevedresa Lydia Pérez Touriño proclamouse esta fin de semana en Murcia campioa de España Sub-23 de loita libre feminina.
A deportista do Club de Loita Pontevedra realizou un torneo sobresaliente na categoría de 58 quilos e céntrase agora nos que será o seu próximo obxectivo, realizar un bo papel no Campionato de Europa Sub-23 que se celebrará na localidade búlgara de Russe a finais de febreiro.
A de Lydia foi unha das catro medallas de ouro que conseguiu o equipo galego grazas a Sara Vieitez (Club San Ignacio) en loita libre 48 quilos, Sergio Turkan (Kuzuhsi de Vigo) en loita libre olímpica 70 quilos e Damián Iglesias (Club de Loita Touro) en loita libre olímpica 97 quilos.
O equipo galego conseguiu ademais no Nacional Sub-23 dúas medallas de prata e outras dúas de bronce.
A próxima cita para a loita galega será, o próximo 15 de febreiro en San Javier (Murcia), o Campionato de España Senior e Cadete.
Relacionadas:
-
O Nacional Junior e Escolar de Loitas Olímpicas reúne en Pontevedra a 400 deportistas
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez apura as súas opcións para chegar a Río 2016
Por Redacción |
-
Avanzan na organización do Campionato de España Junior e Escolar de Loitas Olímpicas
Por Redacción |
-
A selección feminina de loitas olímpicas, de concentración en Pontevedra
Por Redacción |