Esixente última semana de competición do ano para o Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra chegou a final de ano nun momento doce de xogo e resultados, consolidado na quinta praza e a só un punto dos postos de play-off de ascenso a Segunda División.
Os granates afrontan a xornada final de 2015 logo de seis partidos sen perder e só unha derrota nos últimos 11 encontros ligueros, coa intención de asaltar a zona de ascenso na visita ao Estadio Municipal de Pasarón (domingo 20 ás 17:00 horas) do segundo clasificado, a Cultural Leonesa.
O cadro leonés é outro dos equipos máis en forma da competición. Non perde desde o 27 de setembro en Tudela e encadena 11 xornadas sen coñecer a derrota, con sete triunfos e catro empates.
Un duro obtáculo para os homes dirixidos por Luisito, que ademais entre semana deben xogar a volta dos dezaseisavos de final da Copa Federación en Luanco (mércores 16 ás 20:00 horas).
Ata Luanco desprazarase o Pontevedra para disputar un choque no que defende o 1-0 logrado na ida e no que volverán ter protagonismo os menos habituais.
Será tamén un bo banco de probas para Luisito, que ante a Cultural deberá refacer o seu centro do campo por culpa das baixas, xa que á lesión de Álex Fernández únese a sanción de Kevin Presa por acumulación de amoestacións.
Na parte positiva da balanza o técnico granate espera recuperar a Jacobo e tamén ter dispoñible a Miki, mentres o concurso de Pablo dependerá da evolución nos próximos días da doenza que arrastra no tendón rotuliano do seu xeonllo.
Relacionadas:
-
Contra a Cultural Leonesa e a pesar dunha arbitraxe nefasta, o Pontevedra (2-1) remonta e entusiasma
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Rápido de Bouzas, rival do Pontevedra nos oitavos de final da Copa Federación
Por Redacción |
-
De estar na ruína para ser o novo rico do fútbol español, así é a Cultural Leonesa
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra repite resultado en Luanco (0-1) e avanza a oitavos de final na Copa Federación
Por Redacción |
-
Recital de cartóns e remontada do Pontevedra (1-3) ao Valladolid B nunha gran segunda parte
Por Redacción |
-
Dous meses de baixa para Aléx Fernández
Por Diego Espiño |
-
Preocupación polo estado dos lesionados
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra e Marino de Luanco aburren nunha gris noite copeira (1-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |