Fixados os primeiros compromisos de pretempada para o Teucro
Por Redacción
Malia que o foco informativo está fixado na reunión do próximo venres 24 da Comisión Mixta, que esperan en Pontevedra ratifique ao Teucro como equipo da máxima categoría do balonmán español, o club pontevedrés continúa avanzando na súa planificación.
Os azuis volverán aos adestramentos o próximo martes 28 de xullo co plantel case ao completo pero sen especialistas no posto de pivote, xa que Gonzalo Carró se encontra disputando o Mundial Júnior con Arxentina e aínda se traballa na incoporación dun xogador para esa demarcación.
Será unha primeira fase da pretempada de moita carga física baixo a supervisión de Toño Puga, pero o corpo técnico teucrista xa fixou tamén catro encontros amigables para empezar a calibrar o nivel do equipo.
O primeiro deles xogarase o sábado 8 de agosto en Tui ante o ABC Braga portugués, mentres un fin de semana despois (14 e 15 de agosto) Baiona e Meaño acollerán senllos choques ante Atlético Novás e Augas Santas respectivamente.
Pecha esta primeira lista de partidos de pretempada o único deles que se disputará en Pontevedra. Será o sábado 22 de agosto ante o Avanca luso nun horario aínda por confirmar.
Relacionadas:
-
O Teucro empeza a suar pensando no seu retorno á Liga Asobal
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Adrián Pumar abandona o balonmán en activo e pasa a formar parte da estrutura de base do Teucro
Por Redacción |
-
A SD Teucro perde o seu capitán: Borja Pedreira deixa o club tras aprobar unha oposición
Por Redacción |
-
O Comité de Competición da Federación Española desautoriza a Asobal confirmando a Teucro e Cangas en División de Honra
Por Ramiro Espiño |
-
Teucro e Cangas, fóra de ASOBAL?
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada