Permanencia asegurada para o Marcón tras remontar e empatar ante o Valladares (2-2)
Por Redacción
Sufrindo ata o final pero o Marcón logrou o seu obxectivo, asegurarse a permanencia matemática na Rexional Preferente.
Fíxoo tras sumar un traballado punto ante o Valladares (2-2) e afastarse a catro puntos da zona de arrastre cando só resta unha xornada de liga.
Os de Carlés tiveron que empregarse a fondo para sumar ese punto, xa que que o Valladares comezou mandando cun gol de Breixo aos 16 minutos.
O mesmo futbolista poñía o 0-2 a pouco de comezar a segunda metade, pero cando máis difícil estaba os pontevedreses reaccionaron.
Dous goles de Martín, aos 69 e 73 minutos, igualaban a contenda e xunto co empate do Erizana levaban a festa á bancada do Carrasco.
MARCÓN ATLÉTICO (2): Joaquín, Marcos, Álvaro, Pablo, Sapi, Arturo, Iván, Chamadoira (Rodri, min.64), Héctor, Martín, Baptiste.
CD VALLADARES (2): Cortizo, Rubén Rodríguez, Xesús, Carlos, Cristian (Enrique, min.73) (Tomás, min.80), Miguel Estévez (Luis Castro, min.67), Rubén Alonso, Alfredo, Óscar Pérez (Bruno, min.60), Breixo, Marcos, Pérez.
Árbitro: García Vázquez. Amoestou a Baptiste, Iván e Marcos no Marcón e a Marcos Pérez, Rubén Alonso e Tomás. Expulsou ao local Pablo por dobre amarelo (min.69).
Goles: 0-1 Breixo (min.16), 0-2 Breixo (min.51), 1-2 Martín (min.69), 2-2 Martín (min.73).
Incidencias: Partido disputado no campo do Carrasco, Marcón.
Relacionadas:
-
Carlés renova un ano máis polo Marcón e avanza unha profunda renovación no equipo
Por Alejandro Espiño |
-
Un Marcón en cadro busca asegurar por segunda vez a permanencia gañando en Carballiño
Por Diego Espiño |
-
Unha aliñación indebida do Pontevedra B complica a permanencia do Marcón
Por Diego Espiño |
-
O Marcón respira e achégase á permanencia tras vencer ao Pontevedra B (0-1)
Por Redacción |