Unha aliñación indebida do Pontevedra B complica a permanencia do Marcón
Por Diego Espiño
O Marcón celebrou o pasado domingo a súa permanencia matemática en Rexional Preferente tras remontar e empatar ante o Valladares (2-2), pero un xiro inesperado dos acontecementos colocouno de novo ao bordo do abismo.
O seu principal rival, o Erizana, denunciou aliñación indebida no seu partido ante o Pontevedra B, que finalizou con empate (1-1), un tropezo que deixaba en 4 puntos a renda do Marcón cando só restaba un partido por disputarse.
O conxunto de Baiona alega que o filial granate aliñou o pasado domingo no once titular a Dani Otero, futbolista que se encontraba sancionado por acumulación de amoestacións tal e como recolle a resolución do Comité de Competición publicada o 13 de maio.
Ante esta situación é de esperar que Competición dea o partido por gañado ao Erizana, o que lle colocaría a dous puntos dos pontevedreses na loita por esquivar a última praza de arrastre cara á Primeira Rexional.
Amador Cabaleiro: "Es una vergüenza. En un equipo como el Pontevedra no puede pasar eso"
A noticia caeu como unha lousa no seo do Marcón, cuxo vestiario "está muy tocado", recoñece Amador Cabaleiro, directivo do club, que resignado cualifica como "una vergüenza" o sucedido porque "en un equipo como el Pontevedra no puede pasar eso".
Cabaleiro explica que o traballo semanal pasa agora por "entrenar de coco y no de piernas" para recuperar a tensión competitiva dun equipo que depende aínda de si mesmo pero que non terá marxe de erro na súa visita ao campo do Arenteiro.
Para máis inri, o conxunto adestrado por Carlés contará con catro xogadores sancionados na última xornada e deberá completar a convocatoria con futbolistas do filial e xuvenís.
Relacionadas:
-
Carlés renova un ano máis polo Marcón e avanza unha profunda renovación no equipo
Por Alejandro Espiño |
-
Salvados! O Marcón asegura de novo a permanencia gañando no Carballiño (0-2)
Por Redacción |
-
Un Marcón en cadro busca asegurar por segunda vez a permanencia gañando en Carballiño
Por Diego Espiño |
-
Permanencia asegurada para o Marcón tras remontar e empatar ante o Valladares (2-2)
Por Redacción |