Non pode o Poio FS co Burela FS, que remonta (1-3) na recta final
Por Redacción
Sen nada en xogo e coa tranquilidade do obxectivo conseguido, o Poio FS rozou a sorpresa ante Burela FS, que rematou impoñéndose con máis dificultades das previstas grazas ao acerto da súa xogadora Maite, e á falta de puntaría das rapazas de Morenín ante a portaría rival, precisamente un dos seus puntos débiles esta tempada.
As locais comezaron dominando, logrando adiantarse con gol da portuguesa Zulu, ao superar no man a man a Jozi. Co paso dos minutos e ante a falta de acerto local, o conxunto lucense conseguía refacerse e pouco a pouco conseguía equilibrar o dominio, pero sen crear perigo, ata que ao fío do descanso Maite, de cabeza, aproveitaba un rexeitamento en longo da súa porteira para establecer a igualada.
Na segunda parte o Poio acusou cansazo, o que permitiu ao Burela pasar a dominar o partido. Aínda así, as lucenses tiveron que esperar ata a recta final para levarse o partido con dous novos tantos de Maite, para completar o seu "hat trick", o primeiro de volea ao segundo pau e o segundo culminando unha transición.
Con todo perdido, o Poio optou polo xogo de cinco pero faltoulle frescura na finalización para acabar igualando un partido que controlou moi ben o Burela no seu desenlace.
POIO FS (1): Silvia; Yoly, Claudia, Zulu, Elena -cinco inicial-, Charo, Souza, Suki, Jenny, Tania, Nerea e Irene.
BURELA FS (3): Jozi; Cris, Claudia, Peque, Gaby -cinco inicial-, Patri, Paula e Maite.
Árbitros: Roberto Amor e Rubén Pena (Galicia). Amoestaron a xogadora local Charo.
Goles: (1-0) Minuto 3: Zulu. (1-1) Minuto 20: Maite. (1-2) Minuto 34: Maite. (1-3) Minuto 35: Maite.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Triste despedida ligueira do Poio FS con derrota (1-4) fronte ao FSF Móstoles
Por Redacción |
-
O Poio FS cede na segunda metade na cancha do líder Atlético Féminas (3-0)
Por Redacción |
-
Victoria e permanencia para o Poio FS tras impoñerse (2-0) ao Orvina nun desterro forzado polas goteiras
Por Ramiro Espiño |
-
Zulú regresa ante o Orvina á convocatoria dun Poio FS que pretende asegurar a permanencia
Por Redacción |