Lucía Vázquez gaña en Valongo e ponse líder na Taça de Portugal
Por Redacción
A ciclista de Vilaboa Lucía Vázquez é a nova líder da clasificación xeral na Taça de Portugal de cross country olímpico (XCO) tras a disputa da segunda cita do calendario en Valongo.
Na localidade lusa Lucía impúxose con claridade avantaxando en cinco minutos á portuguesa Joana Monteiro e en máis de seis á estoniana Maaris Meier.
A galega destacou nun circuíto que se adaptou ás súas características malia as difíciles condicións meteorolóxicas que porvocaron moito barro ao longo do percorrido.
"Tiven moi boas sensacións dende as primeiras pedaladas", recoñeceu a ciclista ao termo da proba que lle permitiu situarse á fronte da competición por diante de Meier e Mosteiro antes da chegada da terceira cita do calendario, o próximo domingo 17 de maio en Fundão.
Antes desa carreira Lucía Vázquez afrontará tamén dúas probas puntuables do Open de España, no que ocupa actualmente a segunda praza. A primeira delas será a de Vall de Lord, no pirineo catalán o próximo fin de semana.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez vence en Fundao e consolida o seu liderado en Portugal
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez defende o liderado do Open de España cun dobre terceiro posto en Palencia
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez ponse líder no Open de España tras gañar en Vall de Lord
Por Redacción |
-
Novo podio para Lucía Vázquez cun segundo posto no Open de Madrid
Por Redacción |
-
Dobre triunfo de Lucía Vázquez en Xerez na segunda proba do Open de España
Por Redacción |
-
Segundo posto para Lucía Vázquez en Portugal
Por Redacción |