Lucía Vázquez vence en Fundao e consolida o seu liderado en Portugal
Por Redacción
Segundo triunfo consecutivo de Lucía Vázquez na Taça de Portugal de cross country olímpico (XCO).
A ciclista de Vilaboa consolida o seu liderado na clasificación xeral da competición lusa tras impoñerse con claridade en Fundão.
"Non me relaxei e fun forte toda a carreira. Encontreime moi ben", declarou a pontevedresa tras avantaxar en meta en dous minutos á corredora local Joana Monteiro (ASC) e en dous minutos e medio Maaris Meier (Maiatos).
Este resultado permite a Lucía sumar puntos para o ranking olímpico ao tratarse dunha competición de categoría C2, ademais de confirmar o seu bo momento de forma antes de afrontar unha xira europea participando en dúas probas da Copa do Mundo.
Na clasificación da Taça de Portugal, Vázquez é primeira con 100 puntos polos 89 de Meier e os 87 de Monteiro. A próxima carreira disputarase o 21 de xuño en Ribeira de Pena.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez inicia en Ribeira da Pena un mes clave da tempada
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez, campioa por segunda vez do Open de España de BTT
Por Redacción |
-
Segunda oportunidade para Lucía Vázquez na Copa do Mundo de BTT, esta vez en Alemaña
Por Redacción |
-
República Checa, debut de Lucía Vázquez na Copa do Mundo
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez defende o liderado do Open de España cun dobre terceiro posto en Palencia
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez gaña en Valongo e ponse líder na Taça de Portugal
Por Redacción |