Segunda oportunidade para Lucía Vázquez na Copa do Mundo de BTT, esta vez en Alemaña
Por Redacción
Nova oportunidade para Lucía Vázquez na Copa do Mundo de 'mountain bike' 2015 na modalidade de cross country.
Tras debutar na competición co posto 62 na República Checa, na que a súa posición en grella lastrou as súas posibilidades, a ciclista de Vilaboa desprázase agora a Alemaña.
A localidade de Albstadt será escenario este domingo 31 de maio da segunda proba puntuable da Copa do Mundo á que Lucía acode "con ganas de mellorar a miña última actuación".
A deportista galega confía en demostrar o seu bo momento de forma pero predí que "volverá ser unha carreira difícil polo posto dende o que saio e na primeira volta normalmente fórmanse moitos tapóns".
O trazado de Albstadt está considerado como un dos máis esixentes da competición, con grandes desniveis e tramos moi técnicos nas baixadas.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez, campioa por segunda vez do Open de España de BTT
Por Redacción |
-
República Checa, debut de Lucía Vázquez na Copa do Mundo
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez vence en Fundao e consolida o seu liderado en Portugal
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez defende o liderado do Open de España cun dobre terceiro posto en Palencia
Por Redacción |