Segundo posto para Lucía Vázquez en Portugal
Por Redacción
Primeiro podio da tempada para Lucía Vázquez, tras rematar segunda na cita inaugural da Taça de Portugal de cross country ilímpico (XCO).
A ciclista de Vilaboa protagonizou en Leiria un duro duelo coa estoniana Maaris Meier, que finalmente se adxudicou a vitoria tras máis de hora e media de carreira.
"Era un circuíto moi técnico e ela é unha corredora que se manexa mellor ca min neste tipo de trazados. Na segunda volta sacoume uns metros que resultaron decisivos", sinalou a biker galega.
A portuguesa Joana Monteiro completou o podio dunha proba catalogada como clase 2 pola Unión Ciclista Internacional e coa que a pontevedresa suma uns importantes puntos para o ranking olímpico.
Tras concluír a Taça Lucía Vázquez recoñeceu que "aínda me falta disputar unhas cantas carreiras máis para acabar de ir cómoda en ritmo de competición", algo que espera conseguir nas próximas citas do Open de España, no que arrancou hai poucos días cun cuarto posto en Valladolid.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez gaña en Valongo e ponse líder na Taça de Portugal
Por Redacción |
-
Dobre triunfo de Lucía Vázquez en Xerez na segunda proba do Open de España
Por Redacción |
-
Terceiro posto para Lucía Vázquez no Open MTB Puerta de la Alpujarra
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez inicia o Open de España cun dobre cuarto posto en Valladolid
Por Redacción |