Frouxo partido do BM Pontevedra que alivia os problemas de Granitos Ibéricos (31-31)
Por Redacción
A diferenza de obxectivos entre un e outro equipo deixouse notar. Mentres os pontevedreses non se xogaban nada no partido, o equipo vigués necesitaba puntuar para escapar do descenso, e o fixo grazas á falta de intensidade dos de Ramón Pazos, que practicamente deixaron escapar o partido entre os últimos minutos da primeira parte e os primeiros da segunda.
Os primeiros 25 minutos de partido foron de claro dominio do BM Pontevedra, que chegou a dispoñer dunha máxima renda de catro goles, mediado o primeiro tempo, que parecía encarrilar o partido. Non obstante, a partir do 15-12 favorable (minuto 21), os locais fóronse do partido, o que aproveitou Granitos Ibéricos para facer un parcial de 0-4, dándolle a volta ao marcador.
Ao regreso de vestiarios dous novos goles visitantes en apenas un minuto sitúan no luminoso un sorprendente 15-18, ampliado posteriormente ata marchar cinco arriba (20-25) no minuto 42.
Cando todo parecía perdido, BM Pontevedra tirou de orgullo chegando a remontar poñéndose 31-30, cun gol de Alberto Santiago a falta de 43 segundos, pero Joaquín Rodríguez conseguía a igualada cando só restaban tres segundos de partido, levando a alegría aos visitantes.
BM PONTEVEDRA (31): David Lagoa, Santi Picallo, Ángel Noya; Ansias, Santi Calvo, Domato, Gonzalo García (4), Gonzalo Eloy, Álex Pombo (7), Fernando Rey (4), Iago Rodríguez (2), Alberto Santiago (11), Ángel Soliño (3) e Javier Suárez.
GRANITOS IBÿRICOS (31): Pedro Ramírez; David Álvarez, Juan Araújo (8), Abel Carreira, Jorge Castro, Jacobo Coello (3), Pablo Correa, Ismael Lago (4), Hugo López, Diego Mouriño (1), Pablo Pérez, ÿscar Pombal (3), Joaquín Rodríguez (9) e Héctor Soage (3).
Árbitros: María Ángeles Madrazo Viadero e Alberto Ramos Mardones (Cantabria). Descualificaron con vermello directo o xogador visitante Jacobo Coello, a falta de dous segundos para o final. Excluíron dous minutos a Ansias, Santi Calvo, Alberto Santiago (2) e Ángel Soliño, polo equipo local, e a Abel Carreira, Jacobo Coello, Ismael Lago e ÿscar Pombal, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 5-2, 7-7, 11-8, 14-11, 15-12, 15-16 (descanso), 17-19, 20-22, 22-25, 25-27, 29-29 e 31-31 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal dos Deportes (Pontevedra). Uns 60 espectadores.