O Teucro busca en Zarautz dar un paso de xigante cara a Asobal
Por Diego Espiño
ÿ a primeira bóla de partido para o Teucro. Aínda que aínda non dependen de si mesmos, os pontevedreses poderían converterse este sábado en novo equipo de Asobal se logran gañar o seu encontro en Zarautz (20:00 horas) e o Sinfín non gaña ao Torrelavega.
Malia iso os azuis só pensan en gañar no País Vasco en "una pista siempre complicada", tal e como a define Quique Domínguez, e estar en disposición de rematar o ascenso dentro dunha semana na casa.
Non será tarefa doada. Sobre o papel o Teucro preséntase como favorito pero a situación na táboa do Zarautz, en plena loita pola permanencia, convérteo nun rival "muy difícil".
Sábeo un técnico teucrista que espera un choque con ritmo alto, como o da pasada semana ante o Bordils.
O conxunto pontevedrés poderá contar con todo o seu potencial malia as molestias que arrastran homes como Edu Moledo e García Pichel. Tamén viaxa David Chapela, tras superar un proceso febril que lle impediu participar no adestramento do mércores.
O encontro será abitrado polos vascos Gutiérrez Quintano e Elordui Elorrieta.