Silvia dálle os tres puntos ao Poio FS no último minuto ante o Ordizia (1-2)
Por Redacción
Importante e traballado triunfo do Poio Fútbol Sala en terras guipuscoanas ante o Ordizia para achegarse a un só punto da permanencia matemática na máxima categoría.
As xogadoras adestradas por Gonzalo Iglesias 'Morenín' dominaron de inicio o choque, pero a mellor ocasión do primeiro acto sería para as locais, nun dobre penalti que non lograron transformar.
Xa na segunda metade Jenny adiantou o Poio aos 25 minutos aproveitando unha xogada de estratexia.
O gol parecía encarrilar o partido pero co paso dos minutos o Ordizia foi mellorando en busca da remontada e optou por xogar de cinco.
Así chegaría a igualada aos 38 minutos, pero Silvia, dende o seu propio campo e a porta baleira conseguía un minuto despois o tanto do triunfo para o Poio.
ORDIZIA KE (1): Ane Garmendia, Ane Izaguirre, Miriam Arana, Anna Riera, Maite -cinco inicial- Sarah Ugarte, Arruebarrena, Itxaso, Irati, Ainara, Olatz, Itziar.
POIO FÿTBOL SALA (2): Silvia, Charo, Paloma, Claudia, Yoli -cinco inicial- Tania, Souza, Elena, Jenny.
Árbitros: Yassir e Asier del Río. Amoestaron a Itxaso, Anna Riera e Aianara no Ordizia e a Jenny e Elena no Poio.
Goles: 0-1 Jenny (min.25), 1-1 Ainara (min.38), 1-2 Silvia (min.39).
Incidencias: Partido disputado no pavillón Majori Kirodelgia de Ordizia.
Relacionadas:
-
Victoria e permanencia para o Poio FS tras impoñerse (2-0) ao Orvina nun desterro forzado polas goteiras
Por Ramiro Espiño |
-
Zulú regresa ante o Orvina á convocatoria dun Poio FS que pretende asegurar a permanencia
Por Redacción |
-
O Poio FS desprázase ao País Vasco pensando na oitava praza
Por Redacción |
-
Reacción tardía do Poio FS que cae ante o Majadahonda (2-3) e atrasa asegurar a permanencia
Por Redacción |