Álvaro Muñiz: "He bajado de categoría para ascender y devolver al Pontevedra a la categoría que merece"
Por Diego Espiño
O centrocampista asturiano Álvaro Muñiz presentouse como novo xogador do Pontevedra, club, que espera "me devuelva la ilusión" declarou ante os medios de comunicación.
Muñiz comprometeuse coa entidade granate ata final de tempada cunha cláusula de renovación automática en caso de ascenso.
Ese é precisamente o obxectivo que se marca o futbolista convencido de que "he bajado de categoría para ascender y devolver al Pontevedra a donde se merece".
Procedente de La Hoya Lorca, equipo do Grupo IV da Segunda B, Álvaro Muñiz defínese como "mediocentro organizador", perfil que buscaba o club dende a chegada de Luisito ao banco, e asegura "rechacé ofertas de 2ªB y peleé por la baja para venir al Pontevedra", manifestou.
Álvaro Muñiz: "Rechacé ofertas de 2ªB y peleé por la baja para venir al Pontevedra"
Muñiz incorpórase con ritmo de competición ao estar a xogar e adestrar ata hai uns días no club murciano, polo que se mostrou disposto a que o seu novo adestrador "pueda contar conmigo mañana mismo" ante o Deportivo B.
Con esta fichaxe, a terceira do mercado invernal tras repescar a Bruno e a chegada de Lobato, o Pontevedra dá por pechado o plantel con 21 futbolistas en nómina, segundo declarou o conselleiro responsable da parcela deportiva, Roberto Feáns.