Kevin Presa dá o susto nun accidentado adestramento do Pontevedra
Por Diego Espiño
Accidentado adestramento o deste mércores na Xunqueira para un Pontevedra que avanza na preparación do choque do sábado ante o Deportivo B en Abegondo.
Nos últimos minutos da sesión, cando se disputaba un partido, Kevin Presa resultou mal parado nun choque con Tomás, doéndose do seu xeonllo dereito.
O centrocampista abandonou o terreo de xogo con claros síntomas de dor explicando que froito do golpe o xeonllo "se me fue hacia atrás", o que fixo saltar as alarmas no club lerezano.
Kevin, habitual nas aliñacións de Luisito, convértese en seria dúbida para o encontro do sábado a falta de que se lle realicen as probas que determinarán se todo queda nun susto ou se a lesión reviste gravidade.
Kevin explicou que a causa do golpe o xeonllo "se me fue hacia atrás"
Ademais Centrón non se adestrou como consecuencia dun golpe no xemelgo sufrido o luns, nun choque con Lobato, e a súa participación en Abegondo está descartada ao igual que a de Capi, que continúa recuperándose da rotura fibrilar que sufriu en Carballo ante o Bergantiños.
Por se fose pouco Adrián Gómez abandonou prematuramente o adestramento, aínda que neste caso por precaución ao sufrir unha leve sobrecarga que non lle impedirá estar dispoñible. O que tamén encarou o camiño dos vestiarios antes de tempo foi Anxo, aínda que foi por decisión técnica.
Rompedeiros de cabeza para un Luisito que segue, a poucas horas do peche oficial do mercado, esperando a chegada dun centrocampista que complete o plantel.
Relacionadas:
-
Afastar a súa "besta negra", obxectivo do Pontevedra en Abegondo
Por Ramiro Espiño |
-
Álvaro Muñiz: "He bajado de categoría para ascender y devolver al Pontevedra a la categoría que merece"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra pecha a fichaxe do centrocampista asturiano Álvaro Muñiz
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra habilita un autobús para a viaxe dos seus afeccionados a Abegondo
Por Redacción |
-
O Pontevedra volve atopar na estratexia a solución ao seu discreto xogo ante o Ribadeo (3-0)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |