A iniciativa 'Pontevedra Run 100x1000' recada 350 quilos de alimentos para o Comedor de San Francisco
Por Redacción
Satisfactoria estrea da inicitiva solidaria 'Pontevedra Run 100x1000' celebrada o pasado sábado na Illas das Esculturas.
O reto, deseñado para fomentar o deporte e a axuda social entre os pontevedreses, consistía na realización de series de carreira de 1.000 metros cun descanso dun minuto entre cada unha.
O único requisito para participar era achegar polo menos un quilo de comida, o que permitiu recoller 350 quilos de alimentos non perecedoiros que foron entregados ao Comedor de San Francisco.
Os promotores do reto, Jorge Sabugo e Anxo Graña, responsables de GV Sports, foron os que máis quilómetros percorreron, cun total de 65 e 55 respectivamente durante as aproximadamente 10 horas de duración.
A intención de ambos os dous é repetir a 'Pontevedra Run 100x1000' en 2015.