'Run 100x1000', deporte solidario na Illa das Esculturas
Por Redacción
Animar á práctica do deporte e recadar alimentos non perecedoiros. ÿ o obxectivo da iniciativa que organiza GV Sports para o sábado 20 de decembro.
A Illa das Esculturas acollerá un reto solidario bautizado como 'Pontevedra Run 100x1000' dende as 8:00 ata as 18:00 horas.
Trátase dunha actividade aberta a todo tipo de deportistas, de calquera idade e preparación física, que deberán correr unha distancia mínima dun quilómetro e un máximo de 100 en series de 1.000 metros que se realizarán a un ritmo cómodo e cunha recuperación enre elas dun minuto.
O único requisito é acudir con polo menos un quilo de alimentos que serán doados a unha entidade benéfica.
Esta iniciativa, segundo explican os organizadores, nace coa intención comezar practicando a tempada festiva deporte ao aire libre ao tempo que se colabora cunha boa causa.