Desestimada a denuncia por aliñación indebida do Sanxenxo ante o Choco
Por Diego Espiño
A Xuíza ÿnica de Competición en Terceira División, Inés Pequeño, decidiu desestimar a denuncia por aliñación indebida presentada polo Choco tras perder por un gol cero ante o Sanxenxo.
O club amarelo quédase así cos tres puntos logrados na primeira xornada de liga e mantense nos alto da clasificación.
O Xuventú Sanxenxo defendeu dende o primeiro momento o seu bo facer ao aliñar a Diego Peña, que fora sancionado cun partido na última xornada da pasada tempada cando militaba no Grixoa.
A entidade presidida por Manolo Veiga mantivo tras a denuncia que a Federación dera a súa conformidade á aliñación do xogador, e agora a Xuíza ÿnica ratificou esta postura.
Non obstante Inés Pequeño advertiu ao Sanxenxo que Peña deberá cumprir ese partido de sanción "no próximo partido que dispute o club na categoría de Terceira División", polo que o futbolista causará baixa no encontro do próximo domingo ante o Pontevedra no Estadio Municipal de Pasarón.
A Xuíza ÿnica mantivo o mesmo criterio no caso do partido Ribadeo-Alondras, desestimando a denuncia do primeiro e mantendo os tres puntos gañados polo conxunto de Cangas no terreo de xogo.
Relacionadas:
-
Apelación quítalle tres puntos ao Sanxenxo ao estimar o recurso do Choco, novo líder de Terceira
Por Diego Espiño |
-
Tensa espera no Sanxenxo, que defende o seu bo proceder na suposta aliñación indebida ante o Choco
Por Diego Espiño |
-
Tres días de prazo para as alegacións do Sanxenxo antes de resolver a denuncia por aliñación indebida
Por Diego Espiño |
-
O Choco impugna o partido ante o Sanxenxo por suposta aliñación indebida
Por Diego Espiño |