Apelación quítalle tres puntos ao Sanxenxo ao estimar o recurso do Choco, novo líder de Terceira
Por Diego Espiño
Novo xiro no caso de presunta aliñación indebida do Club Xuventú Sanxenxo na primeira xornada de liga ante o Choco, ao que vencera por 1-0.
O Comité de Apelación da Real Federación Española de Fútbol estimou as alegacións do Choco e decidiu revogar a resolución da Xuíza ÿnica de Competición, dando o choque por perdido ao Sanxenxo por 0-3 e poñéndolle unha multa de 1.001 euros.
Segundo Apelación o futbolista Diego Peña "debía ser coñecedor da sanción, pois resulta evidente que unha quinta tarxeta amarela conleva un partido de suspensión", en relación ao castigo que arrastraba do seu último partido da pasada campaña, cando militaba no Grixoa.
Esta decisión provoca que o Sanxenxo caia ata a décimo segunda posición da táboa con 12 puntos, e coloca líder ao Choco con 19.
Contra esta resolución pódese interpoñer un recurso ante o Tribunal Administrativo do Deporte nun prazo de 15 días hábiles.