O Choco impugna o partido ante o Sanxenxo por suposta aliñación indebida
Por Diego Espiño
O Club Xuventú Sanxenxo podería quedar sen os seus tres primeiros puntos da tempada, logrados tras impoñerse por un tanto a cero ao Choco na primeira xornada da Terceira División.
O club redondelano denunciou ante a Xuíza ÿnica de Competición unha suposta aliñación indebida nas filas amarelas, polo que reclama os tres puntos do encontro.
O Choco alega que o lateral Diego Peña arrastraba un partido de sanción da pasada campaña, cando militaba no Grixoa. Así o confirmou a PontevedraViva o presidente do club, Iván Crespo: "esta mañá falamos coa Federación Galega e comprobamos que tiña un partido de sanción. Na reclamación adxuntamos unha lista dos sancionados da temporada pasada".
Pola súa banda Manolo Veiga, máximo dirixente do Sanxenxo, defende que "nas competicións autonómicas non rexe a normativa, segundo me dixeron na Federación Galega".
Veiga non obstante admite que non consultaron este aspecto con anterioridade ao partido a pesar de saber que Peña arrastraba sanción: "non sei que dicirche, haberá que esperar ao que decida a xuíza pero isto é un despropósito, cada ano é diferente", comentou o presidente do Sanxenxo.
A Xuíza ünica de Competición resolverá o caso presumiblemente o próximo mércores.
Relacionadas:
-
Apelación quítalle tres puntos ao Sanxenxo ao estimar o recurso do Choco, novo líder de Terceira
Por Diego Espiño |
-
Desestimada a denuncia por aliñación indebida do Sanxenxo ante o Choco
Por Diego Espiño |
-
Tensa espera no Sanxenxo, que defende o seu bo proceder na suposta aliñación indebida ante o Choco
Por Diego Espiño |
-
Triunfo pola mínima do Sanxenxo ante As Pontes (1-0)
Por Redacción |
-
O Sanxenxo queda sen o triunfo en Bouzas no tempo de desconto (2-2)
Por Redacción |
-
Tres días de prazo para as alegacións do Sanxenxo antes de resolver a denuncia por aliñación indebida
Por Diego Espiño |
-
O Sanxenxo logra os seus tres primeiros puntos ao vencer pola mínima ao Choco (1-0)
Por Redacción |