Támara Echegoyen, a un paso do podio tras a súa segunda xornada no Mundial de Santander
Por Redacción
Gran xornada para o 49er FX de Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Campionato do Mundo de Vela que se está a disputar en Santander.
O dúo galego-cántabro situouse na cuarta posición da súa categoría despois de sumar unha vitoria parcial e un segundo posto nas dúas regatas disputadas este xoves.
Echegoyen e Betanzos, con 11 puntos, sitúanse a só un da terceira praza dunha categoría que polo momento dominan as danesas Marie Baad e Marie Thusgaard (5 puntos).
Con dúas xornadas por diante antes de que se dispute a Medal Race o próximo domingo, Támara e Berta deberán botar o resto para asegurarse o seu mellor resultado da tempada e mesmo pelexar polas prazas olímpicas.
No Mundial de Santander poden lograrse prazas para Río 2016. No caso do 49er FX serán para as dez primeiras clasificadas aínda que as prazas corresponden ao país, non ás regatistas, que deberían confirmarse o próximo ano como mellor tripulación nacional na súa clase para acudir aos Xogos.
CARLOS E ANTÿN PAZ MARCHAN DUODÿCIMOS
Despois de nove regatas dispuatadas na clase 49 er, os irmáns vilagarcianos Carlos e Antón Paz manteñen as súas opcións de clasificación para a Medal Race.
Actualmente marchan na duodécima posición a 14 puntos de meterse na loita definitiva polas medallas.
Relacionadas:
-
Gran oitavo posto para Támara Echegoyen no Mundial de Santander, tras ser quinta na última regata
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen cóase na Medal Race do Mundial e logra praza olímpica para o 49er Fx español
Por Redacción |
-
Discreta xornada no Mundial para Echegoyen e Betanzos, que caen ata a sétima praza
Por Redacción |
-
Gran estrea de Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Mundial: quintas tralo seu primeiro podio parcial
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen afronta o Mundial de 49er Fx en Santander
Por Redacción |