Támara Echegoyen cóase na Medal Race do Mundial e logra praza olímpica para o 49er Fx español
Por Redacción
Obxectivo cumprido. A pontevedresa Támara Echegoyen logrou clasificarse para a Medal Race, a proba na que se repartirán as medallas do Mundial de Santander. Participarán as dez mellores embarcacións da clase 49er Fx, entre elas a que comparte coa cántabra Berta Betanzos. Tras as tres últimas das doce regatas disputadas, o tándem do equipo Movistar logrou situarse na oitava posición da clasificación.
Con estas tres probas das series finais, Echegoyen e Betanzos lograban asegurar a súa presenza na regata definitiva. Un sétimo, un 22º -parcial que pasa a converterse no seu descarte- e un 12º eran os parciais que sumaba este sábado a parella española.
Por diante, non houbo cambios nos postos da táboa de skiff feminino, manténdose á fronte da clasificación as danesas Ida Marie Baad Nielsen e Marie Thusgaard, seguidas das brasileiras Martine Soffiatti Grael e Kahena Kunze na segunda posición e das italianas Giulia Conti e Francesca Clapcich no terceiro caixón.
Con estes resultados, ademais de acceder á Medal Race a campioa olímpica en Londres 2012 e a campioa mundial de 470 tamén aseguraron a presenza do 49er Fx español nos próximos Xogos Olímpicos de Río 2016. Trátase dunha praza olímpica que non é nominal, polo que a pontevedresa aínda deberá seguir traballando para estar en Brasil.
O Mundial de Santander chegará á súa fin este domingo coa repartición das últimas medallas. Támara Echegoyen e Berta Betanzos botaranse á auga dispostas a selar un gran resultado, para despedirse da cita intercontinental do mellor xeito posible.
Relacionadas:
-
Sétimo posto para Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Campionato Sudamericano
Por Redacción |
-
Gran oitavo posto para Támara Echegoyen no Mundial de Santander, tras ser quinta na última regata
Por Redacción |
-
Discreta xornada no Mundial para Echegoyen e Betanzos, que caen ata a sétima praza
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, a un paso do podio tras a súa segunda xornada no Mundial de Santander
Por Redacción |
-
Gran estrea de Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Mundial: quintas tralo seu primeiro podio parcial
Por Redacción |