Támara Echegoyen afronta o Mundial de 49er Fx en Santander
Por Redacción
Chega a cita máis importante do ano para a vela coa disputa do Campionato do Mundo de vela olímpica en Santander, e alí encóntrase xa Támara Echegoyen en busca dun resultado que afiance as súas aspiracións pensando nos Xogos Olímpicos de Río 2016.
Non o terá doado a campioa olímpica, que xunto á súa compañeira no 49er Fx Berta Betanzos, aspira a situarse preto do podio final confirmando as boas sensacións das últimas regatas despois do proceso de adaptación á súa nova clase.
A competición no 49er Fx non arrancará ata o luns 15 coas clasificatorias, que se prolongarán ata o martes. Se o vento acompaña o mércores 17 comezarán as series finais, seguindo venres e sábado como previa á 'medal race' do domingo.
Támara Echegoyen e Berta Betanzos, actuais número 6 do ránking da ISAAF, terán como principais rivais as brasileiras Martine Soffiatti e Kahena Kunze, líderes da clasificación Mundial.
Relacionadas:
-
Discreta xornada no Mundial para Echegoyen e Betanzos, que caen ata a sétima praza
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, a un paso do podio tras a súa segunda xornada no Mundial de Santander
Por Redacción |
-
Gran estrea de Támara Echegoyen e Berta Betanzos no Mundial: quintas tralo seu primeiro podio parcial
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e Berta Betanzos, oitavas no Europeo da clase 49er FX celebrado en Helsinki
Por Redacción |